martes, 7 de febrero de 2012

Voki: avatares animados

Voki é unha aplicación 2.0 que nos permite elaborar avatares multimedia, é dicir, que á imaxe lle podemos engadir audio e animala. É unha ferramenta moi interesante a nivel educativo se lle sabemos sacar partido, algunhas ideas para levalo á aula son:
  • Creación de mensaxes de felicitación (Nadal, San Valentín, aniversarios). Voki permite enviar directamente a unha dirección de correo electrónico.
  • Presentación persoal. Descrición dun mesmo, os gustos, intereses e aficións.
  • Debates entre Vokis expresando opinións sobre un tema.
  • Casting de cantantes con votacións de quen é a mellor voz, a mellor canción, ...
  • Entrevistas entre Vokis, un fará de entrevistador e un de entrevistado.
  • Reconstrución dunha historia a través de varios personaxes.
  • Resume falado sobre un tema.
  • Contraste de pronunciacións e acentos mediante a grabación da voz de cada individuo.
Aquí tedes un videotitorial onde se explica cómo traballar con Voki.


martes, 10 de enero de 2012

Ardora

Ardora é un programa de creación de materiais educativos de fácil utilización. É similar a programas como HotPotatoes e EdiLIM. Oofrece un montón de posibilidades para a creación e deseño de actividades.
Podemos elaborar crebacabezas, actividades de colorear, crucigramas, aforcados, sopas de letras, actividades de ordear, completar e relacionar, actividades de cálculo...

Aquí debaixo queda un excelente titorial dun compañeiro coas instrucións paso a paso para a creación dos distintos tipos de actividades.


apuntes de Ardora

Introdución básica á aula Abalar

Presentación onde se amosan os distintos compoñentes da aula Abalar, as súas características e o funcionamento básico.  Introducionbasicaabalar
View more presentations from isabelbp.

jueves, 29 de diciembre de 2011

FreeMind

Este é xa o segundo post sobre este programa tan útil para o profesorado e o alumnado, como sabedes está instalado na maqueta Abalar actual e podémolo atopar na categoría Educación.
O motivo deste segundo post é dexarvos uns titoriais elaborados polo profesor Diego Rodicio e que son moi sinxelos de entender grazas aos gráficos uitlizados.


martes, 27 de diciembre de 2011

Top 10 herramientas educativas

Este vídeo mostra unha selección das 10 mellores ferramentas educativas do ano 2011. Aínda que esta selección pode parecer subxetiva penso que a maioría das ferramentas se corresponderías  coas elexidas por un docente 2.0. E vos que opinades?


miércoles, 23 de noviembre de 2011

Maqueta Abalar

Videotitorial do compañeiro Xoán Díaz onde se explica o funcionamento básico da maqueta Abalar co seu sistema de arquivos e os diferentes aplicativos.

Foi elaborado utilizando a ferramenta "Grabar vídeo de tu escritorio" que se atopa dentro do menú son e vídeo.

FreeMind

Para representar graficamente o coñecemento mediante mapas conceptuais.
FreeMind é unha das ferramentas que traen os ordenadores da aula abalar na lapela de educación pero que calquera podemos instalar no noso ordenador descargándoa de internet porque é software gratuíto.
É moi sinxelo. Consulta os titoriais para a descarga e manexo.