Voki é unha aplicación 2.0 que nos permite elaborar avatares multimedia, é dicir, que á imaxe lle podemos engadir audio e animala. É unha ferramenta moi interesante a nivel educativo se lle sabemos sacar partido, algunhas ideas para levalo á aula son:
- Creación de mensaxes de felicitación (Nadal, San Valentín, aniversarios). Voki permite enviar directamente a unha dirección de correo electrónico.
- Presentación persoal. Descrición dun mesmo, os gustos, intereses e aficións.
- Debates entre Vokis expresando opinións sobre un tema.
- Casting de cantantes con votacións de quen é a mellor voz, a mellor canción, ...
- Entrevistas entre Vokis, un fará de entrevistador e un de entrevistado.
- Reconstrución dunha historia a través de varios personaxes.
- Resume falado sobre un tema.
- Contraste de pronunciacións e acentos mediante a grabación da voz de cada individuo.
Aquí tedes un videotitorial onde se explica cómo traballar con Voki.
No hay comentarios:
Publicar un comentario