martes, 19 de octubre de 2010

A - Z Internet Resources for Education

Interesantes aplicación web 2.0:

A - Z Internet Resources for Education

Quietube

Esta aplicación on-line permítenos ver vídeos de youtube sen visualizar os comentarios, publicidades e demais.
Aquí tedes unh explicación do seu funcionamento.

martes, 12 de octubre de 2010

martes, 15 de junio de 2010

Redes sociais

Aínda que estea en inglés o vídeo, merece a pena velo, hai que recoñecer o poder que teñen hoxe en día as redes sociais.

martes, 8 de junio de 2010

Animacións

Aquí vos deixo un vídeo sobre o funcionamento dun novo recurso en liña para facer animacións, coa posibilidade de escoller fondos, personaxes, sons e incluso as nosas propias voces.

jueves, 13 de mayo de 2010

Karaoke co Notebook

Un exemplo de como elaborar un karaoke con distintas diapositivas elaboradas no Notebook e utilizando logo a gravadora.

martes, 11 de mayo de 2010

O EDI na aula de inglés

Esta é unha das actividades que fixen co Notebook. Espero que vos guste.

miércoles, 5 de mayo de 2010

LIM

Neste enlace podedes atopar todo sobre LIM, actividades, exemplos, titoriais, as novas versións do programa EdiLIM.

Deixovos tamén aquí dous almacéns onde se poden subir as actividades.

Os datos para poder entrar no almacén son:
Usuario: cursolim
Contrasinal: cursolim09
Aquí tendes o titorial listo para descargar e empregar.
edilim

martes, 20 de abril de 2010

Notas sobre a docencia

Aquí tedes os apuntamentos da última docencia, xa sabedes que son feitos ás presas e non sei se teredes dificultades para seguilos. Se vedes algún erro avisade.

docencia 6

lunes, 29 de marzo de 2010

Lola Pirindola


Nesta Web tedes unha boa colección de recursos.

- Xerador de fichas para imprimir. Podedes xerar as fichas ó voso gusto e logo imprimilas.

- Xerador de actividades para facer no EDI. Podedes xerar fichas para logo facelas no EDI ou en calquera ordeandor.

- Nivel: Infantil e 1º ciclo de Primaria

sábado, 27 de marzo de 2010

94 aplicacións educativas 2.0

Visto en Pizarra digital y Tic

Protección de datos

Dexovos un folleto da Axencia Española de Protección de Datos titulado "Derechos de niños y niñas, Deberes de padres y madres"


Conflicto entre Windows 7 e o software Smart Notebook 10.6

No blog antes mencionado: Pizarra digital y tic atopamos a solución a un Conflicto entre Windows 7 e o Software Smart Notebook 10.6

Se ha detectado un problema con la pizarra Smart, es un conflicto entre Windows 7 y los drivers de la última actualización de Smart (Software 10.6.94 que lleva drivers 10.6.48). Cuando coinciden ambos elementos ocurre que al pintar con el rotulador o simplemente tocar la pizarra, se ve un pequeño círculo acompañando a la pulsación y en ocasiones en lugar de pintar, lo que ocurre es que se mueve la pantalla entera.

Para ver o artigo completo pinchade no enlace de arriba

Obtención de recursos multimedia

No blog "Pizarra digital y tic" podemos ver esta presentación sobre a obtención de recursos multimeida na Web.



lunes, 15 de marzo de 2010

O traballo de Laura: A que sabe a lúa?

Este é o conto que montou Laura co Notebook, o Audacity e o Windows Movie Maker, fixo un gran traballo e non en vano porque a todos nos encantou e os alumnos do centro disfrutaron moito con el.


jueves, 11 de marzo de 2010

Pizap

Propóñovos unha páxina interesante, non sei si a coñecedes, para editar fotos online e poñerlle un montón de cousas simpáticas:

A páxina é: www.pizap.com
Deíxovos un exemplo:

piZap.com free online photo editor, fun photo effects

martes, 23 de febrero de 2010

Opcións interesantes

Aquí vos deixo os apuntamentos da docencia de hoxe con aquelas cousas que me pareceron interesantes e máis olvidadizas. Se queredes agregar algo as notas xa sabedes.

ediapuntes

lunes, 22 de febrero de 2010

Titorial de audacity

Este titorial é moi básico e está en español.

miércoles, 10 de febrero de 2010

Servidor web para cargar archivos:

Alejandro Valero no seu blog (http://avalerofer.blogspot.com/2010/02/dropbox-para-enlazar-archivos.html) publicounos un artigo moi interesante sobre a plataforma Dropbox que nos permite subir arquivos á rede para poder enlazalos no noso blog.
Cito textualmente a explicación que nos dá sobre o seu funcionamento. Creo que nos pode ser útil para subir as super actividades que imos elaborar para o taboleiro dixital.

Dropbox tiene varias utilidades, pero aquí sólo vamos a fijarnos en la que nos interesa: la de compartir archivos con el fin de insertarlos en nuestro blog. Lo primero que tenemos que hacer es ir a la página web de Dropbox y allí descargamos el instalador, que está disponible para varios sistemas operativos. Cuando lo instalamos en nuestro ordenador, nos pide que nos registremos en el servicio.

Una vez acabada la instalación, se crea en nuestro disco duro una carpeta llamada Dropbox dentro de Mis documentos en Windows o de la carpeta personal en Linux. Esta carpeta se sincroniza con la del servidor, y siempre que subamos un archivo al servidor, se copiará a la carpeta de nuestro ordenador.


Pero lo que nos interesa ahora es guardar un archivo en la carpeta Public para que podamos enlazarlo.

1.Abro la carpeta Public del servidor. Hago clic en Upload y cargo el archivo con el enlace Select files de la ventana que aparece. Y después de buscarlo en mi disco duro, pulso el enlace Start upload.
2.Ya tenemos el archivo subido en el servidor, como se ve en el segundo rectángulo rojo de la imagen superior. Al hacer clic en el nombre del archivo, se abre un marco de opciones a la derecha.
3.Si hacemos clic en la opción Copy public link, se abrirá una ventana que nos ofrece un enlace público para ese archivo. Al hacer clic en la opción Copy to clipboard, ya lo tendremos copiado en la memoria y podremos pegarlo en nuestro blog.

Las actividades interactivas son muy formativas, y pueden complementar un blog de forma que lo haga más interesante y atractivo. Intentadlo alguna vez.

martes, 9 de febrero de 2010

Fondo transparente dunha imaxe

Para establecer o fondo transparente dunha imaxe gardada no noso ordenador podemos utilizar dous programas: o Photoshop ou o Gimp.

Os pasos que tedes que seguir co Gimp para borrar o fondo son os seguintes:
  • Abrir a imaxe co Gimp dende Arquivo-Abrir.
  • Premer na imaxe co botón dereito do rato e no menú que se abre ir a Capa-Transparencia-Añadir canal alfa.
  • Seleccionar a variña máxica na barra de ferramentas e premer no fondo da imaxe, nese momento deberíase seleccionar a capa de fondo.
  • Unha vez está seleccionada a capa de fondo dámoslle a tecla de Supr ou Del no noso teclado.
Para eliminar o fondo co Photoshop:
  • Abrir a imaxe co Photoshop dende Arquivo-Abrir.
  • Darlle dobre clic na imaxe para que se seleccione a capa.
  • Premer no botón lazo da barra de ferramenta e darlle clic na parte da imaxe que queremos borrar.
  • Aparecerá seleccionada a parte do fondo e logo dariaselle a tecla de Supr ou Del no noso teclado.

Para comprobar que a operación saiu ben, deberíamos ver o fondo da imaxe cuadrículado.
Recordade que para grabar imaxes con fondo transparente deben estar con extensión .png ou .gif

Titoriais sobre o software da Smartboard

http://platea.pntic.mec.es/jolall1/smart/

Tutorial realizado por Jose Mª Santa Olalla


Manual básico do notebook realizado polo seminario "using the smarboart at the English class" (A Coruña)

http://www.edu.xunta.es/platega/file.php/29/EDI/primeiros_pasos.pdf

Manual sobre o toolkit 1.0

http://www.edu.xunta.es/platega/file.php/29/EDI/toolkit1.0.pdf