lunes, 10 de septiembre de 2012

Scrible

Scrible é un ferramenta que podemos descargar de Internet e que nos permite marcar ou destacar aqueles puntos interesantes que atopamos nun artigo, nunha páxina web...


Consiste nunha barra de ferramentas que podemos activar en calquera momento que a precisemos e que se incorpora ao noso navegador.
Esta barra permítenos varias funcións:
  • Marcar, colorear, suliñar, marcar en negrita ou cursiva aquelas partes do texto que nos interesen. Hai unha rica variedade de cores para enfatizar aquilo que precisemos.
  • Engadir os nosos pensamentos ás páxinas web con notas que podemos anclar no lugar que nos lle indiquemos. Para as notas tamén podemos utilizar distintas cores.
  • Clasificar as nosas notas con lendas dinámicas por tipo e color.
  • Compartir as páxinas marcadas con outras persoas por correo electrónico.
  • Gardar a nosa búsqueda nunha biblioteca online.
  • Organizar, buscar e recuperar as nosas búsquedas de webs.
No seguinte enlace podedes atopar toda a información desta ferramenta e descargar a aplicación.
http://www.scrible.com/

Moi interesante para utilizar con alumnado de cursos superiores.

No hay comentarios:

Publicar un comentario