Os pasos que tedes que seguir co Gimp para borrar o fondo son os seguintes:
- Abrir a imaxe co Gimp dende Arquivo-Abrir.
- Premer na imaxe co botón dereito do rato e no menú que se abre ir a Capa-Transparencia-Añadir canal alfa.
- Seleccionar a variña máxica na barra de ferramentas e premer no fondo da imaxe, nese momento deberíase seleccionar a capa de fondo.
- Unha vez está seleccionada a capa de fondo dámoslle a tecla de Supr ou Del no noso teclado.
- Abrir a imaxe co Photoshop dende Arquivo-Abrir.
- Darlle dobre clic na imaxe para que se seleccione a capa.
- Premer no botón lazo da barra de ferramenta e darlle clic na parte da imaxe que queremos borrar.
- Aparecerá seleccionada a parte do fondo e logo dariaselle a tecla de Supr ou Del no noso teclado.
Para comprobar que a operación saiu ben, deberíamos ver o fondo da imaxe cuadrículado.
Recordade que para grabar imaxes con fondo transparente deben estar con extensión .png ou .gif
No hay comentarios:
Publicar un comentario