viernes, 28 de diciembre de 2012
jueves, 27 de diciembre de 2012
martes, 4 de diciembre de 2012
lunes, 3 de diciembre de 2012
martes, 27 de noviembre de 2012
jueves, 15 de noviembre de 2012
lunes, 10 de septiembre de 2012
Scrible
Scrible é un ferramenta que podemos descargar de Internet e que nos permite marcar ou destacar aqueles puntos interesantes que atopamos nun artigo, nunha páxina web...
Consiste nunha barra de ferramentas que podemos activar en calquera momento que a precisemos e que se incorpora ao noso navegador.
Esta barra permítenos varias funcións:
- Marcar, colorear, suliñar, marcar en negrita ou cursiva aquelas partes do texto que nos interesen. Hai unha rica variedade de cores para enfatizar aquilo que precisemos.
- Engadir os nosos pensamentos ás páxinas web con notas que podemos anclar no lugar que nos lle indiquemos. Para as notas tamén podemos utilizar distintas cores.
- Clasificar as nosas notas con lendas dinámicas por tipo e color.
- Compartir as páxinas marcadas con outras persoas por correo electrónico.
- Gardar a nosa búsqueda nunha biblioteca online.
- Organizar, buscar e recuperar as nosas búsquedas de webs.
http://www.scrible.com/
Moi interesante para utilizar con alumnado de cursos superiores.
martes, 26 de junio de 2012
viernes, 25 de mayo de 2012
Creación dun tríptico con Scribus
Na elaboración dun díptico ou un tríptico con Scribus hai que introducir guías para facer as separacións das distintas partes. No seguinte manual podemos ver cómo se fan.
Crear un tríptico con Scribus
martes, 22 de mayo de 2012
viernes, 23 de marzo de 2012
sábado, 10 de marzo de 2012
Xtranormal:creapeliculas
Xtranormal é unha aplicación online gratuita que permite crear de forma intuitiva, películas de animación en 3D. Pódense seleccionar aos actores, escribir ou copiar o texto dun guión, engadir un escenario, sons, ángulos de cámara, expresións e movimentos das personaxes,...
Os usos desta ferramenta no contexto educativo poden ser moi variados, como por exemplo idear unha serie con capítulos, explicar algún contido,...
O enlace é o seguinte:
martes, 6 de marzo de 2012
Wordle
Wordle é unha ferramenta moi adecuada para traballar co alumnado na aula. Permite facer unha nube de etiquetas a partires dun texto. Non hai que darse de alta para utilizalo.
Enlace a Wordle: http://www.wordle.net/
Enlace a Wordle: http://www.wordle.net/
jueves, 1 de marzo de 2012
Google Docs: Creación dun formulario
Titorial para crear un formulario con Google Docs. Recordade que para crealo cómpre ter unha conta de gmail activa.
martes, 7 de febrero de 2012
Voki: avatares animados
Voki é unha aplicación 2.0 que nos permite elaborar avatares multimedia, é dicir, que á imaxe lle podemos engadir audio e animala. É unha ferramenta moi interesante a nivel educativo se lle sabemos sacar partido, algunhas ideas para levalo á aula son:
- Creación de mensaxes de felicitación (Nadal, San Valentín, aniversarios). Voki permite enviar directamente a unha dirección de correo electrónico.
- Presentación persoal. Descrición dun mesmo, os gustos, intereses e aficións.
- Debates entre Vokis expresando opinións sobre un tema.
- Casting de cantantes con votacións de quen é a mellor voz, a mellor canción, ...
- Entrevistas entre Vokis, un fará de entrevistador e un de entrevistado.
- Reconstrución dunha historia a través de varios personaxes.
- Resume falado sobre un tema.
- Contraste de pronunciacións e acentos mediante a grabación da voz de cada individuo.
Aquí tedes un videotitorial onde se explica cómo traballar con Voki.
martes, 10 de enero de 2012
Ardora
Ardora é un programa de creación de materiais educativos de fácil utilización. É similar a programas como HotPotatoes e EdiLIM. Oofrece un montón de posibilidades para a creación e deseño de actividades.
Podemos elaborar crebacabezas, actividades de colorear, crucigramas, aforcados, sopas de letras, actividades de ordear, completar e relacionar, actividades de cálculo...
Aquí debaixo queda un excelente titorial dun compañeiro coas instrucións paso a paso para a creación dos distintos tipos de actividades.
Introdución básica á aula Abalar
Presentación onde se amosan os distintos compoñentes da aula Abalar, as súas características e o funcionamento básico. Introducionbasicaabalar
View more presentations from isabelbp.
Suscribirse a:
Entradas (Atom)